Equipo de dinamización

CONVIVENCIA E BENESTAR

Dende o Equipo de Dinamización da Convivencia e Benestar do CIFP Ánxel Casal- Monte Alto dámosvos a benvida a este espazo onde compartiremos as propostas que imos levar a cabo e que pretenden:

  • Traballar no marco da cultura de paz evitando comportamentos sexistas, homófobos, racistas e
    discriminatorios.
  • Manter unha convivencia positiva entre as persoas que forman parte da comunidade educativa.
  • Facilitar a comunicación e resolución positiva dos posibles incidentes que podan aparecer no centro.
  • Favorecer a participación activa de todas as persoas que compoñen a comunidade educativa.
  • Facilitar instrumentos e recursos para a prevención da violencia e a mellora constante da convivencia no centro
  • Facilitar a prevención, detección e eliminación de todas as manifestacións de violencia, especialmente do acoso escolar, da violencia de xénero e das actitudes e comportamentos homófobos, xenófobos e racistas.
  • Fomentar o respecto entre todos os membros da comunidade educativa e a integración de todo o
    alumnado do centro independentemente da súa orixe, crenza, identidade e orientación sexual e
    xénero.
  • Potenciar a mediación como método prioritario de resolución dos conflitos.

 

O equipo de dinamización da convivencia e benestar, a comisión de convivencia, o departamento de orientación e información profesional, as titorías e o equipo de mediación ademáis do equipo directivo son as estructuras que velan polo mantemento e mellora constante da convivencia no noso centro.

Animámosvos a participar e a achegar todas as ideas e propostas que consideredes.

Equipo de Dinamización da Convivencia e Benestar

Novas