FAMILIA SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE

CS ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Servizos socioculturais e á comunidade.
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior.
Horas: 2000
Código: SSSC03
Título: Técnico superior en animación sociocultural e turística.

OFERTA FORMATIVA

Réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h)

Que se aprende a facer?

Programar, organizar, pór en práctica e avaliar intervencións de animación sociocultural e turística, promovendo a participación activa das persoas e dos grupos destinatarios, e coordinando as actuacións de profesionais e persoal voluntario ao seu cargo.

En que ámbitos se traballa?

No sector dos servizos á comunidade (desenvolvemento comunitario e información xuvenil), no sector dos servizos culturais (lectura e información, tecnoloxías da información e da comunicación, etc.) e de recursos e produtos culturais diversos, e nos sectores de servizos turísticos e de lecer e tempo libre (actividades lúdicas e deportivas, ambientais e de aire libre).

Que ocupacións se desempeñan?

Coordinador/ora de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Director/ora de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Responsable de proxectos de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Coordinador/ora ou director/ora de campamentos, albergues de xuventude, casas de colonias, granxas-escola, e aulas de casas de xuventude e escolas de natureza. Monitor/ora de tempo libre. Animador/ora  sociocultural. Dinamizador/ora comunitario/a. Asesor/ora para o sector asociativo. Técnico/a comunitario/a. Xestor/ora de asociacións.Técnico/a de servizos culturais. Animador/ora cultural. Informador/ora xuvenil. Animador/ora de hotel. Animador/ora de veladas e espectáculos. Animador/ora de actividades recreativas ao aire libre en complexos turísticos. Xefe/a de departamento en animación turística.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

MódulosHoras
Actividades de lecer e tempo libre156
Animación e xestión cultural213
Animación turística140
Contexto da animación sociocultural107
Desenvolvemento comunitario107
Dinamización grupal123
Empresa e iniciativa emprendedora53
Formación e orientación laboral107
Formación en centros de traballo384
Información xuvenil133
Inglés160
Intervención socioeducativa con xente nova105
Metodoloxía da intervención social133
Primeiros auxilios53
Proxecto de animación sociocultural e turística26