Que se aprende a facer?
Atender as persoas en situación de dependencia no ámbito domiciliario e institucional, co fin de manter e mellorar a súa calidade de vida, realizando actividades asistenciais e non asistenciais, psicosociais e de apoio á xestión doméstica, aplicando medidas e normas de prevención e seguridade, e derivándoas a outros servizos en caso necesario.
En que ámbitos se traballa?
No sector de servizos ás persoas, de carácter asistencial, psicosocial e de apoio á xestión doméstica.
Que ocupacións se desempeñan?
Coidador/ora de persoas en situación de dependencia en institucións e/ou domicilios, coidador/ora en centros de atención psiquiátrica, xerocultor/ora, gobernante/a esubgobernante/a de persoas en situación de dependencia en Institucións, auxiliar responsable de planta de residencias de maiores e persoas con discapacidade, auxiliar de axuda a domicilio, asistente de atención domiciliaria, traballador/ora familiar, auxiliar de educación especial, asistente persoal, teleoperador/ora de teleasistencia.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Apoio domiciliario | 240 |
Atención e apoio psicosocial | 240 |
Atención sanitaria | 213 |
Características e necesidades das persoas en situación de dependencia | 160 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Apoio á comunicación | 87 |
Atención hixiénica | 87 |
Destrezas sociais | 123 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación en centros de traballo | 410 |
Organización da atención ás persoas en situación de dependencia | 123 |
Primeiros auxilios | 53 |
Teleasistencia | 104 |
Que título se obtén?
Técnico en atención a persoas en situación de dependencia