Que se aprende a facer?
Elaborar dietas adaptadas a persoas e/ou colectivos e controlar a calidade da alimentación humana analizando os seus comportamentos alimentarios e as súas necesidades nutricionais, así como programar e aplicar actividades educativas que melloren os hábitos de alimentación da poboación, baixo a supervisión correspondente.
Onde se realiza o traballo?
Organización e xestión da súa unidade ou gabinete de traballo, prestación de servizos, control de calidade e educación sanitaria.
En que postos de traballo?
Dietista. Técnico en dietética e nutrición. Responsable de alimentación en empresas de cátering. Técnico en hixiene dos alimentos. Consultor en alimentación. Educador sanitario.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Alimentación equilibrada | 290 |
Control alimentario | 185 |
Dietoterapia | 220 |
Educación sanitaria e promoción da saúde | 130 |
Fisiopatoloxía aplicada á dietética | 215 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 380 |
Horas á disposición do centro | 80 |
Microbioloxía e hixiene alimentaria | 220 |
Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade/gabinete de dietética | 80 |
Proxecto integrado | 90 |
Relacións no contorno de traballo | 55 |
Que título se obtén?
Técnico superior en dietética.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.