INICIAR SESIÓN

DINAMIZACIÓN

edlg

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto ao longo deste curso tentará promover vieiros a prol do coñecemento, a valoración, o uso e o goce da lingua galega, favorecendo sempre a participación de toda a comunidade educativa.

Contacta co Equipo de dinamización da lingua galega a través do enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

 A INICIATIVA XABARÍN CHEGA AO PARLAMENTO

A Mesa pola Normalización Lingüística conseguiu máis de 33.000 sinaturas de apoio para instar ao Goberno a aumentar a oferta televisiva en galego destinada á infancia e á mocidade a través dunha canle dedicada ao Xabarín.

xabarinclub

CARVALHO, LINGUA E TERRA

Coincidindo coa data do seu pasamento, o día 25 de marzo, unímonos á xornada de recordo da vida e obra de Carvalho Calero promovida pola Federación Galiza Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña.
Na seguinte ligazón pódese acceder ao libro-banda deseñada de Pepe Carreiro titulado "Amigo Carvalho. Do Halley ao Hubble"
Desfrutádeo!
Carvalho Lingua e Terra
 
A USC PUBLICA EN LIÑA UN VOCABULARIO CON TERMOS ESENCIAIS SOBRE VACINAS
 
A listaxe permite acceder a 125 rexistros de bUSCatermos que describen conceptos relacionados co ámbito das vacinas, as súas tipoloxías e campañas de inmunización. Para cada un dos rexistros preséntase a área temática á que pertence e os nomes polos que é coñecido en galego, español e inglés. Na maior parte dos casos, tamén a súa definición en galego.
 
 
te vacinas

ACTOS DE LIBERDADE

"O meu compromiso comigo está en escribir desde min. E eu son muller, miope e galega".
"...sendo muller aínda é ben difícil... vivir nas nubes".
 
Xela Arias
 
Encontro de escritores galegos e portugueses: muller e literatura.
Santiago de Compostela. 1991.
 
Xela Arias IMAXE1