INICIAR SESIÓN

DINAMIZACIÓN

Concurso sobremesas de entroido

O martes 6 de febreiro celebrouse o concurso de sobremesas de entroido no CIFP Ánxel Casal - Monte Alto, organizado polo EDLG.

Bases

Cartel

Imaxes do concurso

Gañadores ordinario:

Gañadores modular:

Corredor das palabras salvadas

Dende o EDLG do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto inauguramos o corredor das palabras en galego salvadas, recollidas entre aquelas que seleccionaron os estudantes en cursos anteriores.

Dentro de pouco, o significado destas palabras aparecerá nesta páxina web.

Cruza a cortina e descúbreas!

DUc6cL0XcAEaqL1

Dende o Equipo de dinamización da lingua galega organizamos unha exposición sobre o humorista galego Luis Davila.

Aínda estades a tempo de vela nos corredores do centro. O autor asinounos un exemplar do seu libro "O Bichero".

davila

A biblioteca do centro incrementou os seus fondos cunha gran variedade de material en galego. Para ir abrindo boca deixámosvos unha mostra dalgúns exemplares xa dispoñibles, ademais doutros moitos que podedes consultar ou levar en préstamo. Desexámosvos unha feliz lectura!

Libros en galego EDLG

Conservapalabras

O equipo de dinamización da lingua galega promove a actividade conservapalabras

No panel situado na entrada do instituto está a nabiza Lupa, esperando colleitar palabras en galego que teñen risco de perderse.

Para axudala, podedes coller unha cartolina, escribir nela a palabra que queirades conservar, poñer ao lado unha frase que oriente sobre o seu uso e picala no panel habilitado. 

Lembrade algúns consellos:

  • A palabra ten que ser en idioma galego
  • Con tendencia a desuso
  • A ti gustaríache que non se perdese.

Animádevos a colaborar!

Galería de imaxes da actividade

DSC 0732