Que se aprende a facer?
Definir e organizar procesos de tratamento da información e a documentación clínica, extraendo e rexistrando datos, codificándoos e validando a información, e garantindo o cumprimento da normativa, así como intervir nos procesos de atención e xestión de pacientes e de xestión administrativa en centros sanitarios.
Onde se realiza o traballo?
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros hospitalarios e de investigación.
Realizan o seu traballo baixo a supervisión do persoal facultativo correspondente ou xerente administrativo/a, de ser o caso.
A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.
En que postos de traballo?
Técnico/a superior en documentación sanitaria. Responsable técnico/a de codificación de documentación sanitaria. Responsable técnico/a de arquivos de historias clínicas. Responsable técnico/a de tratamento e deseño documental sanitario. Responsable técnico/a de sistemas de información asistencial sanitaria. Responsable técnico/a de avaliación e control de calidade da prestación sanitaria. Responsable técnico/a de xestión de procesos administrativo-clínicos. Responsable de administración de unidades, departamento ou centros sanitarios. Asistente de equipos de investigación biomédica. Secretario/a de servizos sanitarios.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Arquivamento e documentación sanitarios | 133 |
Atención psicosocial a pacientes e persoas usuarias | 107 |
Codificación sanitaria | 191 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Extracción de diagnósticos e procedementos | 160 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Ofimática e proceso da información | 240 |
Proxecto de documentación e administración sanitarias | 26 |
Sistemas de información e clasificación sanitarios | 87 |
Terminoloxía clínica e patoloxía | 213 |
Validación e explotación de datos | 123 |
Xestión administrativa sanitaria | 123 |
Xestión de pacientes | 53 |
Que título se obtén?
Técnico superior en Documentación e Administración Sanitarias.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo a calquera estudo universitario de grao e a calquera outro ciclo formativo de grao superior.