INICIAR SESIÓN

Emprendemento - Inicio

Dende a Coordinación de Emprendemento do CIFP Ánxel Casal- Monte Alto queremos darvos a benvida a este espazo que nace co espirito de fomentar o emprendemento entre o noso alumnado.

Neste canle de comunicación iremos informando de todo o relacionado con emprendemento:

Actividades que se desenvolvan no centro

Ligazóns a información e ferramentas de xestión empresarial

Novidades en materia de lexislación que afecte ao autoemprego

Axudas e subvencións para a creación de empresas

… En definitiva, queremos crear un espazo para difundir e promocionar a cultura emprendedora, onde apoiar e asesorar a todos aqueles alumnos que opten polo autoemprego como vía de incorporación ao mercado laboral.

Por iso, dende aquí queremos animar a todos aqueles que teñan unha idea de negocio a levala á práctica.

EDUEMPRENDE PROGRAMA ACTÚA 2019

O vindeiro xoves, 14 de novembro terá lugar no salón de actos, ás 12:00 horas, unha nova edición do Programa Actúa, dentro do Progama EDUEMPRENDE da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Este programa é unha acción que se desenvolve directamente nos centros educativos e consiste en achegar a realidade emprendedora a eles coa presenza activa de persoal técnico do IGAPE e dunha/s persoa/s emprendedora/s que dean a coñecer ao alumnado a súa experiencia persoal, como ferramenta que lle permita afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.

Desenvólvese en dúas fases:

Fase 1: A actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado.

Participación de persoal técnico do IGAPE e presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s.

Fase 2: Análise na aula entre o profesorado e o alumnado participante na actividade para obter conclusións

A primeira fase é a que terá lugar o mércores 14 do presente, ten unha duración estimada de 90 minutos, divididos en tres partes de 30 minutos aproximadamente cada unha:

•Participación de persoal técnico do IGAPE. Presentará e coordinará a actividade, contestanto ás cuestións, dúbidas e inquedanzas que o alumnado asistente formule. Favorécese a participación activa do alumnado.

•Presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s que compartan co alumnado a súa experiencia persoal (como xurdiu a súa idea, como puxo en marcha a súa empresa, que problemas tivo e como os solucionou, como o financiou...).

•Mesa redonda. Estas persoas participarán nun debate compartindo os distintos puntos de vista, lanzando preguntas entre eles para afondar naqueles aspectos que poidan interesar máis ao alumnado e provocando a participación deste respondendo ás cuestións ou preguntas que suxiran.

Programa formativo emprendemento e transformación dixital no comercio

 

Achégovos información (programa e calendario) do programa formativo sobre EMPRENDEMENTO E TRANSFORMACIÓN DIXITAL NO COMERCIO que a Fundación INCYDE xunto coa Cámara de Comercio da Coruña e a Xunta de Galicia poñen en marcha o próximo 21 de outubro na Coruña.

Trátase dun programa totalmente gratuíto de 6 semanas de duración que combina sesións conxuntas (luns e mércores de 18:30 a 21:30 hs) con titorías individuais (unha hora/semana).

As clases impartiranse nas oficinas da Cámara de Comercio da Coruña en c/ Alameda, 32.

A inscrición pode realizarse a través da web www.incyde.org ou ampliar información e inscribirvos chamando directamente ao 663 06 48 06 ou directamente na Cámara de Comercio (981216072).

Programa

Calendario

Programa Inicia

A Concellaría de Innovación, Industria, Emprego e Consumo do Concello da Coruña, organiza unha nova edición do Programa INICIA no curso escolar 2019-2020.

 

INICIA é un programa municipal que persegue a difusión e implantación do espírito emprendedor empresarial entre o alumnado de Ciclos de Formación Profesional e Ensinos Especiais radicados na nosa cidade que, previamente, manifesten o seu interese na participación de conformidade co establecido nas presentes bases. O programa proporciona apoio ao profesorado dos centros participantes, mediante a formación-titorización do alumnado e ofrece premios incentivadores que priman ás mellores iniciativas emprendedoras que se desenvolvan co programa.

 

O prazo da solicitude xa está aberto ata o día 12 de outubro. Podedes consultar as bases e facer a vosa inscrición neste enlace:

 

http://www.coruna.gal/educacion/es/programas/detalle-programa/inicia/contenido/1453656235048

 

 

 

 

Benvida ao curso 2019-2020

Xa chegou o novo curso 2019/2020 e con él a Coordinación de Emprendemento do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, que dende o seu blog segue a fomentar o emprendemento entre o noso alumnado e promocionar a cultura emprendedora, por eso, seguiremos informando de todos aqueles aspectos que vos animen a convertiros en emprendedores e dar o paso cara unha aventura empresarial, poñendo a vosa idea en práctica.

Recordade que contamos cun VIVEIRO DE EMPRESAS que é un local dividido en despachos equipados con moblaxe, sala de reunións, equipamentos informáticos e os servizos precisos para levar as xestións necesarias para a posta en marcha da túa iniciativa emprendedora. No viveiro tamén contarás con asesoramento para o teu proxecto.

Poden acceder os alumnos que teñan un proxecto empresarial a desenvolver en Galicia, sempre que estean matriculados no derradeiro curso dun ciclo formativo de formación profesional, os que o remataran nos catro últimos anos, e tamén os que estean a estudar bacharelato.

O procedemento de acceso consiste en:

Entrevista incial co titor do viveiro

Elaboración do plan de empresa

Se o proxecto se valora como viable, asinarase o Contrato de cesión de espazo no viveiro de empresas do CIFP, para usar de forma gratuíta as instalacións do viveiro como sede da empresa.

Poderase disfrutar das instalacións do viveiro por un prazo de 2 anos, prorrogable nalgúns casos ata 3 anos.

Para mais información contactar coa Coordinadora de Emprendemento, Paula Díaz Carballada, no seguinte horario, no viveiro de empresas:

luns: de 10:30 a 11:30 horas

martes: de 13:00 a 14:00 horas

xoves: de 10:30 a 11:30 e de 12:00 a 13:00 horas

venres: de 10:30 a 11:30 horas