INICIAR SESIÓN

FP INNOVA 2018

IMG 20180424 WA0001

A pasada semana, os días 25, 26 e 27 de abril, celebrouse no Gaiás-Cidade da Cultura de Santiago de Compostela por terceiro ano "FP INNOVA", nesta terceira edición estiveron presentes 47 proyectos innovadores de 25 centros educativos e 17 proxectos empresariais de miniempresas que o alumnado e o profesorado puxeron en marcha, no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende. Dentro destes proxectos empresariais, o noso CIFP participou coa miniempresa "SENLLEIRAS ANIMACIÓN S.COOP." creada polos alumnos do CS Animación Sociocultural e Turística, dentro do Programa Lanzadeiras, da Consellería de Eduacación e coa participación da Fundación Alcoa.

"SENLLEIRAS ANIMACIÓN S.COOP." consiste no desenvolvemento dunha aplicación web accesible e intuitiva que ofrece unha ampla gama de servizos socioeducativos, recreativos e promocionais personalizados de calidade e a prol do desenvolvemento sustentable. Pretende fomentar tanto a participación interxeracional como a difusión do patrimonio material e inmaterial de Galicia. Concentra, nunha soa aplicación, proxectos e actividades de animación sociocultural, socioeducativa, turística e de lecer en xeral. Tamén pretende ser un punto de encontro entre profesionais da animación, particulares e entidades, ao conectar a oferta coa demanda personalizada. A interface está adaptada para persoas con discapacidade sensorial auditiva (LSE) e con opción de tradución ao castelán e inglés.

O recinto, cunha zona expositiva de 4.100 m2, contaba con dúas partes diferenciadas: por un lado os proxectos de innovación e por outra as 17 miniempresas participantes, o noso stand, o ME11, foi dos máis concurridos nestos tres intensos días, xa que contou con multitude de visitas. O público, (tanto rapaces de Educación Primaria, da ESO e ciclos de FP, os seus profesores, como as diferentes personalidades asistentes a FP INNOVA) amosouse moi interesado polas actividades desenvolvidas polo noso alumanado do ciclo de Animación Sociocultural e Turística:

  • Na procura da túa Senlleira: simpática lectura de cartas e test de personalidade
  • A Fraga das Senlleiras: gran xogo para desempregar no chan, formado por un gran mapa de Galicia, onde aparecían as comarcas galegas, con preguntas e probas de coñecemento sobre a nosa terra
  • Spa-ti: unha cama de masaxes, onde se ofrecían tratamentos "terapéuticos" baseados no bo humor e a tradición popular
  • Vive Galicia 24 horas: proxección en bucle dos vídeos elaborados polos noso alumanado, para gozaren da nosa terra

Tamén houbo anécdotas simpáticas como que a nosa alumna Mª del Carmen Heredia López, co seu especial equipo de cámara e micrófono, entrevistou ao Presidente da Xunta, D. Alberto Núñez Feijóo, cando estaba a visitar ás diferentes miniempresa presentes e amosouse interesado por "SENLLEIRAS ANIMACIÓN S.COOP."

O grupo de alumnos participantes traballou moito e moi ben para que a participación en FP INNOVA fora un éxito, se ben hai que destacar e agradecer o papel desenvolvido polas alumnas coordinadoras do proxecto: Bibiana Gómez Maceiras e Sara Sánchez Rodríguez, a súa labor de organización foi fundamental para a boa marcha do proceso de creación da miniempresa.

Tamén, dende a Coordinación de Emprendemento agradecer ás miñas compañeiras e profesoras do ciclo: Ana Ruth Barreiro Posso e Isabel Mesejo Santiago a súa labor e dedicación ao longo deste proceso, dentro do Programa Lanzadeiras, que culminará o vindeiro xuño.

Imaxes FP INNOVA 2018