INICIAR SESIÓN

PROGRAMA FINANZAS PARA MORTAIS

Este programa ten por obxecto fomentar o emprendemento e a cultura financeira no sistema educativo non universitario como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Esta actuación está encadrada no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende.

 A actividade diríxese ademais de aos titores de viveiro e coordinadores de emprendemento a calquera outro profesor do centro interesado e aos usuarios do viveiro. Refírese aos viveiristas con plan de empresa, con empresa en funcionamento dentro ou fóra do viveiro, persoas que solicitaran asesoramento de calquera tipo no viveiro, alumnado que desexe participar en distintos programas ou concursos de emprendemento ou presentar proxectos de empresa, así como calquera outro alumnado de FP que estea interesado nesta formación.

Toda a información desta convocatoria pódese consultar na seguinte ligazón http://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende-finanzas-para-mortais-2018-2019

Trala publicación da convocatoria na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es/fp , as solicitudes para participar no programa enviaranse ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ata o 30/09/2018.