INICIAR SESIÓN

CURSO DE MÁRKETING DIXITAL

Achégovos información do curso sobre MARKETING DIXITAL que dará inicio o vindeiro luns 3 de febreiro na Cámara de Comercio da Coruña.

EXCLUSIVO PARA OS QUE ESTEAN REXISTRADOS/AS NO SISTEMA DE GARANTÍA XUVENIL (MENORES DE 30 ANOS - DESEMPREGADOS)

Vai dirixido a persoas interesadas en optimizar e especializarse en competencias do márketing dixital e o aproveitamento efectivo das redes sociais e a web 2.0, permitíndolles incrementar a súa calidade profesional e mellorar a súa empregabilidade.

A duración do curso é de 6 semanas, sendo as clases presenciais luns e xoves de 18.30 a 21.30 horas e unha hora de titoría individual á semana segundo a dispoñibilidade do alumno/a.

Ao finalizar reciben un diploma oficial e teñen a posibilidade de realizar horas de mentoring.

A inscrición pode realizarse a través da web de Incyde na ligazón que figura a continuación ou ampliar información e inscribirse chamándome directamente 663 06 48 06 (Lucía Rodríguez)

É totalmente gratuíto e o seu contido moi actual e interesante!

https://www.incyde.org/ficha/emprendimiento-y-marketing-digital/a-coruna/3c7781a36bcd6cf08c11a970fbe0e2a6