INICIAR SESIÓN

MINIEMPRESAS CORUÑA: SENLLEIRAS NO XORNAL LA OPINIÓN

O xornal La Opinión recolleu unha nova sobre CIFP Ánxel Casal, en concreto sobre o 2º curso do ciclo de Animación Sociocultural e Turística, que participa na 4ª edición de Miniempresas Coruña. 

O alumnado presenta o proxecto Senlleiras Animación S. Coop. consistente nunha aplicación web accesible que oferta unha ampla gama de servizos socioeducativos, recreativos e promocionais.

Nova de La Opinión

opinion1

Fotografía de Arcay/ Roller Agencia

A ODISEA DE EMPRENDER

Unha vez mais, dende a Coordinación de Emprendemento, organizouse a charla impartida por un emprendedor na que explica cales foron os seus pasos para poñer na práctica a súa idea de negocio.

Este curso estivo con nos para compartir a súa experiencia un antigo alumno noso, concretamente do CS de Animación Sociocultural, Abel Caballero. Contounos a súa personal odisea para montar unha empresa de ocio e tempo libre para todos os públicos:  “Abeloni”. Dende a súa empresa xestiónanse eventos culturais, campamentos de pernocta, urbáns e temáticos, festas da escuma, inchables, talleres educativos e formativos, rutas de sendeirismo, diferentes celebracións, etc. Os seus valores están presente na empresa: ecoloxía, sostenibilidade, responsabilidade laboral e colaboración social.

O seu relato foi único e diferente, un monólogo axil, directo, informal, claro e divertido, moi divertido, cun humor e ironía, que fixo rir ata as bágoas a todos os que o estábamos a escoitar.

Pero ademais foi instructivo, tratou todos os aspectos que interveñen na posta en marcha dun negocio: como reciben a idea de emprender as familias e amigos, a búsqueda dun nome e logotipo, os problemas de atopar un local axeitado, o público ao que vai dirixido, e... todo o que ten que ver cos aspectos burocráticos!, con toda a lista de papeleo e normativa que ten que cumprir un emprendedor! Sen  esquecer a aventura de atopar financiamento, indo de banco en banco, buscando axudas que nunca chegan e tendo que facer pago tras pago, antes de empezar a ver algún beneficio.

E aínda así, deixounos claro que é feliz por poder levar a cabo o seu sono e que cada un de nos temos que loitar por aquelo que queremos facer, porque ao final o conseguiremos.

EMPRENDEDOR

EMPRENDE NO TEU BARRIO

Neste mes de febreiro, a Fundación Ronsel, concedeu os premios aos gañadores do concurso "Emprende no teu barrio", que como cada ano ten como obxectivo fomentar o emprendemento na xente nova e no que participan diferentes centros educativos da cidade.

O noso alumno do CS de Laboratorio Clínico e Biomédico (réxime modular), Jesús Íñiguez del Valle, foi premiado pola súa idea emprendedora: un rocódromo e pistas de pádel nun mesmo espazo, a ubicación sería na zona dos Rosales.

O acto da entrega do premio celebrouse na oficina que a entidade Caixabank ten na rúa San Andrés da Coruña. Pola Fundación Ronsel estiveron presentes o seu director: Luis García Deber, Rafael Vázquez Cobas y César Pérez Rama. Polo CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, xunto co alumno premiado estivo a Coordinadora de Emprendemento, Paula Díaz Carballada.

Imaxes do evento

IMG 20180205 WA0003

PROGRAMA FUNDACIÓN REPSOL

O noso alumnado segue participando nas actividades que a Fundación REPSOL e a Consellería de Educación organizaron co obxectivo de fomentar o espírito emprendedor na mocidade de F.P.

O pasado 15, 16 e 17 de febreiro tiveron lugar no CIFP Ánxel Casal – Monte Alto, as Xornadas de "Formación de formadores" do Programa Fundación REPSOL, neste caso as actividades ían dirixidas aos lideres dos diferentes grupos participantes, a nosa líder é a alumna de 2º de Próteses Dentais Yemby Nahydu Cutire Andrade. As charlas xa empezaran a semana anterior no IES Urbano Lugrís.

Os talleres trataron diferentes aspectos e foron impartidos polos seguintes relatores:

  • Lalo García: "Validación de modelos de negocio"
  • Marcos Paz: "Finanzas para emprendedores"
  • Roberto Pérez: "Marketing y marca"

Por outra banda, o  xoves 25 de xaneiro celebrouse un Kick off para todos os equipos  no CIFP de Someso no que desenvolvéronse as seguintes actividades:

  1. Presentación
  2. Dinámica grupal
  3. Explicación da fase de ideación ao equipo
  4. Entrega do merchan da Fundación Repsol
  5. Avance para a primeira entrega da fase de ideación
  6. Resolución de dúbidas

O noso equipo, o nº 1, estaba formado polos seguintes integrantes: Yemby Nahydu Cutire Andrade, Ana Martínez Román, alumnas de 2º do CS Próteses Dentais, André Vázquez Lama, alumnno de 2º do CS Saúde Ambiental, Zeus Díaz Abelaira, alumno de 2º do CS de Laboratorio Clínico e Biomédico e a Coordinadora de emprendemento e profesora de EIE: Paula Díaz Carballada. A súa idea emprendedora aúna as súas diferentes especialidades

Os diferentes equipos contaron co asesoramento dos "Seniors", que contan cunha dilatada experiencia profesional e empresarial, como empresarios e executivos e que aconsellan e asesoran a emprendedores.

Imaxes das xornadas

PROGRAMA LANZADEIRAS 2017-2018

O pasado mércores, 24 de xaneiro, celebrouse no CIFP Someso a inauguración do programa Lanzadeiras Coruña 2017/2018. O programa organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa inicia a súa 5ª edición

Este proxecto pretende fomentar a educación emprendedora a través da creación de miniempresas e outras propostas didácticas que impliquen a colaboración dos equipos docentes, a dinamización da comunidade educativa e a conexión co entorno, todo isto potenciando as capacidades profesionais e persoais do alumnado.

A inauguración contou coa presencia do Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a subdirectora xeral de Formación Profesional, o director de desenvolvemento de La Opinión e o director da fábrica de Alcoa da Coruña.

O noso centro participa por segunda vez, o curso pasado foi co alumnado do CS Audioloxía Protésica (familia de Sanidade) e este curso co 2º curso do ciclo superior de Animación Sociocultural e Turística; están a levar a cabo o proxecto “Senlleiras Animación, S. Coop.” que consiste no deseño e posta en marcha dunha Sociedade Cooperativa que, a través dunha Web App accesible e intuitiva, oferte unha ampla gama de servizos socioeducativos, recreativos e promocionais customizables. A aplicación presentarase en galego e lingua de signos española, con opción de tradución en castelán e inglés.

Tamén participan os seguintes centros: CIFP Someso, CIFP Paseo das Pontes, IES Universidad Laboral e IES Isaac Díaz Pardo

miniempresas coruna