INICIAR SESIÓN

XI EDICIÓN PREMIOS MOCE

13gafas

Foto Víctor Echave de La Opinión

 

O pasado venres 29 de novembro celebrouse a XI edición dos Premios MOCE, promovidos pola Fundación Ronsel, representada polo seu presidente: D.Luis García Rodríguez, coa colaboración do BBVA, representado polo director de zona do banco no Norte de Galicia, Daniel Miguel Fernández e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, representada pola Sebretaria Xeral de Emprego: dona Covadonga Toca Carús.

A celebración tivo lugar na Fundación Paideia, sita na Praza de María Pita da Coruña.

Como cada ano, os obxectivos destes premios son a promoción da iniciativa emprendedora na nosa comunidade, o apoio á posta en marcha de actividades empresariais promovidas por autónomos e o fomento da creación de microempresas. Os candidatos a este premio son todas as iniciativas emprendedoras con alta en actividade económica que no último ano participaron nalgunha das actividades realizadas pola Fundación Ronsel. Para a valoración dos proxectos terase en conta o grao de innovación, sustentabilidade, impacto local, creación de emprego e medidas de conciliación e igualdade.

Nesta edición foron 10 os proxectos finalistas, sendo os gañadores:

  • 1º premio: “Livegens” empresa de moda sostible dos irmáns Javier e Aitor Ramón, no acto presentaron dous dos seus produtos: gafas de sol de madeira de bambú e reloxos de corcho, elaborados so con materiais naturais e biodegradables, sen levar ningún tipo de plástico.

  • 2º premio: “Aleira Horta Ecolóxica”, Cynthia Arias foi premiada pola súa empresa, adicada ao cultivo ecolóxico de hortalizas.

  • 3º premio: “Fisioadvisor”, unha aplicación onde atopar a fisioterapeutas , recibíu o premio a súa creadora: Alejandra Montenegro, de Santiago de Compostela.

PROGRAMA EMPRENDE ACTÚA

O pasado 14 de novembro tivo lugar no noso centro o desenvolvemento do Programa Eduemprende Actúa.

Este programa é unha acción que se desenvolve directamente nos centros educativos e consiste en achegar a realidade emprendedora a eles coa presenza activa de persoal técnico do IGAPE e dunha/s persoa/s emprendedora/s que dean a coñecer ao alumnado a súa experiencia persoal, como ferramenta que lle permita afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.

  • Relatora do IGAPE: Fátima Rodríguez Figueiras.


    Perfil: Licenciada en Ciencias Políticas, a súa paixón sempre foi o desenvolvemento local.

    Experiencia: Empezou como técnica de emprego na administración pública, no BIC Galicia, para dedicarse logo ao sector da consultoría na empresa privada. En xaneiro de 2011 faise cargo de PROMOVE, unha empresa de consultoría e formación, con sede en Santiago de Compostela.
    Creatividade, proximidade, orientación a resultados e búsqueda de sinerxías, son os seus retos do día a día, e a perspectiva de xénero e o medio ambiente, os piares básicos do seu compromiso a nivel persoal, que son aplicados como eixos transversais en todos os proxectos de Promove.

  • Relatora emprendedora: Alba Pardo Servia

Perfil: Educadora Social, Traballadora Social, Pedagoga, Directora de Tempo Libre e Axente de Igualdade. É unha persoa creativa e dinámica á que lle encanta aportar ideas frescas e traballar arreo co seu equipo para asegurar que as cousas saian ben.

Experiencia: leva casi 20 anos traballando no sector social, en Concellos, ONG´s e diferentes asociacións. Fai 6 anos decidíu lanzarse ao reto de emprender no social e a súa empresa actúal: "INNOVA, CONSULTORÍA, FORMACIÓN Y PROYECTOS, SL" adícase á Formación non reglada, ocio educativo, extraescolares, proxetos sociais e socioeducativos. E nas súas palabras: “Desde áquella no he dejado de remar ni un solo día y aquí sigo con alguna magulladura pero nada que no pueda curarse con unas buenas dosis de entusiasmo y persistencia”.

As dúas relatoras conseguiron espertar o interese do alumnado presente no acto, que na derradeira parte do mesmo realizou moitas preguntas sobre as súas traxectorias e experiencias. Chamoulles moito a atención a explicación por parte de Alba Pardo en relación ao fracaso da súa primeira empresa, na que chegou incluso á ruina e como soubo facerlle frente á espantosa situación e como un ave fénix "rexurdir das súas cinzas", volvendo a emprender, esta vez con éxito.

IMG 2813

EDUEMPRENDE PROGRAMA ACTÚA 2019

O vindeiro xoves, 14 de novembro terá lugar no salón de actos, ás 12:00 horas, unha nova edición do Programa Actúa, dentro do Progama EDUEMPRENDE da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Este programa é unha acción que se desenvolve directamente nos centros educativos e consiste en achegar a realidade emprendedora a eles coa presenza activa de persoal técnico do IGAPE e dunha/s persoa/s emprendedora/s que dean a coñecer ao alumnado a súa experiencia persoal, como ferramenta que lle permita afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.

Desenvólvese en dúas fases:

Fase 1: A actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado.

Participación de persoal técnico do IGAPE e presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s.

Fase 2: Análise na aula entre o profesorado e o alumnado participante na actividade para obter conclusións

A primeira fase é a que terá lugar o mércores 14 do presente, ten unha duración estimada de 90 minutos, divididos en tres partes de 30 minutos aproximadamente cada unha:

•Participación de persoal técnico do IGAPE. Presentará e coordinará a actividade, contestanto ás cuestións, dúbidas e inquedanzas que o alumnado asistente formule. Favorécese a participación activa do alumnado.

•Presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s que compartan co alumnado a súa experiencia persoal (como xurdiu a súa idea, como puxo en marcha a súa empresa, que problemas tivo e como os solucionou, como o financiou...).

•Mesa redonda. Estas persoas participarán nun debate compartindo os distintos puntos de vista, lanzando preguntas entre eles para afondar naqueles aspectos que poidan interesar máis ao alumnado e provocando a participación deste respondendo ás cuestións ou preguntas que suxiran.

Programa formativo emprendemento e transformación dixital no comercio

 

Achégovos información (programa e calendario) do programa formativo sobre EMPRENDEMENTO E TRANSFORMACIÓN DIXITAL NO COMERCIO que a Fundación INCYDE xunto coa Cámara de Comercio da Coruña e a Xunta de Galicia poñen en marcha o próximo 21 de outubro na Coruña.

Trátase dun programa totalmente gratuíto de 6 semanas de duración que combina sesións conxuntas (luns e mércores de 18:30 a 21:30 hs) con titorías individuais (unha hora/semana).

As clases impartiranse nas oficinas da Cámara de Comercio da Coruña en c/ Alameda, 32.

A inscrición pode realizarse a través da web www.incyde.org ou ampliar información e inscribirvos chamando directamente ao 663 06 48 06 ou directamente na Cámara de Comercio (981216072).

Programa

Calendario

Programa Inicia

A Concellaría de Innovación, Industria, Emprego e Consumo do Concello da Coruña, organiza unha nova edición do Programa INICIA no curso escolar 2019-2020.

 

INICIA é un programa municipal que persegue a difusión e implantación do espírito emprendedor empresarial entre o alumnado de Ciclos de Formación Profesional e Ensinos Especiais radicados na nosa cidade que, previamente, manifesten o seu interese na participación de conformidade co establecido nas presentes bases. O programa proporciona apoio ao profesorado dos centros participantes, mediante a formación-titorización do alumnado e ofrece premios incentivadores que priman ás mellores iniciativas emprendedoras que se desenvolvan co programa.

 

O prazo da solicitude xa está aberto ata o día 12 de outubro. Podedes consultar as bases e facer a vosa inscrición neste enlace:

 

http://www.coruna.gal/educacion/es/programas/detalle-programa/inicia/contenido/1453656235048