Que se aprende a facer?
Asistir na dispensación e na elaboración de produtos farmacéuticos e afíns, e realizar a venda de produtos parafarmacéuticos, fomentando a promoción da saúde e executando tarefas administrativas e de control de almacén, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
Onde se realiza o traballo?
En establecementos de venda de produtos farmacéuticos, parafarmacéuticos e, en xeral, produtos relacionados coa saúde humana ou animal, así como coa cosmética, a fitoterapia e outros. Do mesmo xeito, pode exercer a súa actividade en pequenos laboratorios de elaboración de produtos farmacéuticos e afíns.
En que postos de traballo?
Técnico/a en farmacia. Técnico/a auxiliar de farmacia. Técnico/a de almacén de medicamentos. Técnico/a en farmacia hospitalaria. Técnico/a en establecementos de parafarmacia.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Anatomofisioloxía e patoloxía básicas | 107 |
Dispensación de produtos farmacéuticos | 213 |
Dispensación de produtos parafarmacéuticos | 210 |
Disposición e venda de produtos | 107 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Formación en centros de traballo | 410 |
Formulación maxistral | 187 |
Oficina de farmacia | 157 |
Operacións básicas de laboratorio | 239 |
Primeiros auxilios | 53 |
Promoción da saúde | 157 |
Que título se obtén?
Técnico en farmacia e parafarmacia.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e de grao superior.