Que se aprende a facer?
Programar, organizar, pór en práctica e avaliar intervencións de animación sociocultural e turística, promovendo a participación activa das persoas e dos grupos destinatarios, e coordinando as actuacións de profesionais e persoal voluntario ao seu cargo.
Onde se realiza o traballo?
No sector dos servizos á comunidade (desenvolvemento comunitario e información xuvenil), no sector dos servizos culturais (lectura e información, tecnoloxías da información e da comunicación, etc.) e de recursos e produtos culturais diversos, e nos sectores de servizos turísticos e de lecer e tempo libre (actividades lúdicas e deportivas, ambientais e de aire libre).
En que postos de traballo?
Coordinador/ora de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Director/ora de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Responsable de proxectos de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Coordinador/ora ou director/ora de campamentos, albergues de xuventude, casas de colonias, granxas-escola, e aulas de casas de xuventude e escolas de natureza. Monitor/ora de tempo libre. Animador/ora sociocultural. Dinamizador/ora comunitario/a. Asesor/ora para o sector asociativo. Técnico/a comunitario/a. Xestor/ora de asociacións.Técnico/a de servizos culturais. Animador/ora cultural. Informador/ora xuvenil. Animador/ora de hotel. Animador/ora de veladas e espectáculos. Animador/ora de actividades recreativas ao aire libre en complexos turísticos. Xefe/a de departamento en animación turística.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Actividades de lecer e tempo libre | 156 |
Animación e xestión cultural | 213 |
Animación turística | 140 |
Contexto da animación sociocultural | 107 |
Desenvolvemento comunitario | 107 |
Dinamización grupal | 123 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Información xuvenil | 133 |
Inglés | 160 |
Intervención socioeducativa con xente nova | 105 |
Metodoloxía da intervención social | 133 |
Primeiros auxilios | 53 |
Proxecto de animación sociocultural e turística | 26 |
Que título se obtén?
Técnico superior en animación sociocultural e turística