Que se aprende a facer?
Obter rexistros gráficos, morfolóxicos ou funcionais do corpo humano, con fins diagnósticos ou terapéuticos, a partir da prescrición facultativa, utilizando equipamentos de diagnóstico por imaxe e de medicina nuclear, e asistindo o/a paciente durante a súa estadía na unidade, aplicando protocolos de radioprotección e de garantía de calidade, así como os establecidos na unidade asistencial
Onde se realiza o traballo?
No sector sanitario público e privado, en unidades de radiodiagnóstico e de medicina nuclear, en centros de investigación e en institutos anatómico-forenses ou de medicina legal, así como en centros veterinarios e de experimentación animal, e delegacións comerciais de produtos hospitalarios, farmacéuticos e técnicos de aplicacións en electromedicina. Realizan o seu traballo baixo a supervisión do/da médico/a especialista correspondente e do/da supervisor/a da instalación, coa correspondente acreditación como operador/a de instalacións radioactivas outorgado polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN).
En que postos de traballo?
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico. Técnico/a especialista en radiodiagnóstico. Técnico/a especialista en medicina nuclear. Persoal técnico en equipamentos de radioelectroloxía médica. Persoal técnico en protección radiolóxica. Persoal técnico en radioloxía de investigación e experimentación. Delegado/a comercial de produtos.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Atención ao paciente | 160 |
Fundamentos físicos e equipamentos | 267 |
Anatomía pola imaxe | 266 |
Protección radiolóxica | 160 |
Técnicas de radioloxía simple | 122 |
Técnicas de radioloxía especial | 70 |
Técnicas de tomografía computadorizada e ecografía | 105 |
Técnicas de imaxe por resonancia magnética | 105 |
Técnicas de imaxe en medicina nuclear | 105 |
Técnicas de radiofarmacia | 70 |
Proxecto de imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear | 26 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Que título se obtén?
Técnico superior en Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear