Familia: Servizos socioculturais e á comunidade.
Sistema educativo: LOE.
Grao: Superior.
Horas: 2000
Código: S20004
Oferta en réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académidos en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h)
Oferta en réxime de adultos, modalidade modular: Cursando módulos seleccionados polo alumnado en horario de tarde (De 16:00h a 22:30h )
Que se aprende a facer?
Desenvolver intervencións de mediación comunicativa para persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva, que sexan usuarias da lingua de signos española, ou con dificultades de comunicación, linguaxe e fala; así como programas de promoción das persoas xordas e xordocegas usuarias da lingua de signos española, e de sensibilización social, respectando a idiosincrasia das persoas usuarias
Traballos realizados polo alumnado
- Módulo de Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación-vídeos curso 19-20
- Módulo de Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación-vídeos
- Módulo de Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación - imaxes curso 18-19
- Módulo de Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación-imaxes curso 17-18
- Módulo de Intervención socioeducativa con persoas xordocegas curso 18-19. Imaxes. Imaxes2
- Módulo de Intervención socioeducativa con persoas xordocegas curso 17-18
- Contexto da mediación comunicativa con persoas xordocegas
II Xornadas de Mediación Comunicativa
Onde se realiza o traballo?
No sector dos servizos ás persoas xordas, xordocegas, con discapacidade auditiva e con dificultades de comunicación que sexan usuarias da lingua de signos española. Estes servizos recollen os ámbitos asistenciais, educativos, sociolaborais, psicosociais e de apoio nas xestións básicas. Tamén exercen a súa actividade no sector dos servizos á comunidade, nos ámbitos da dinamización comunitaria e na promoción de igualdade de oportunidades con estes colectivos de persoas
En que postos de traballo?
Axente de desenvolvemento da comunidade xorda. Técnico/a en promoción, atención e formación a persoas xordas. Axente dinamizador/ora da comunidade xorda. Mediador/ora social da comunidade xorda. Axente de desenvolvemento da comunidade xordocega. Axente dinamizador da comunidade xordocega. Mediador/ora de persoas xordocegas. Asistente/a de persoas xordocegas. Mediador/ora de persoas con dificultades de comunicación
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Habilidades sociais | 123 |
Primeiros auxilios | 53 |
Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación | 139 |
Metodoloxía da integración social das persoas con dificultades de comunicación, linguaxe e fala | 80 |
Sensibilización social e participación | 80 |
Intervención socioeducativa con persoas xordocegas | 133 |
Contexto da mediación comunicativa con persoas xordocegas | 160 |
Lingua de signos | 240 |
Ámbitos de aplicación da lingua de signos | 175 |
Intervención con persoas con dificultades de comunicación | 87 |
Técnicas de intervención comunicativa | 160 |
Proxecto de mediación comunicativa | 26 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Que título se obtén?
Técnico superior en mediación comunicativa.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.