FAMILIA SANIDADE

CS PRÓTESES DENTAIS

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Sanidade.
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior.
Horas: 2000
Código: SSAN02
Título: Técnico superior en próteses dentais.

OFERTA FORMATIVA

Réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h)

protese_banner_2

Que se aprende a facer?

Deseñar, fabricar e reparar próteses dentofaciais, aparellos de ortodoncia e férulas oclusais segundo prescrición e indicacións facultativas, así como efectuar o reaxuste necesario para o seu acabamento e xestionar un laboratorio de próteses dentais realizando as operacións para a comercialización do produto, e respectando a normativade seguridade e protección ambiental, así como as especificacións de calidade.

En que ámbitos se traballa?

No sector sanitario, en empresas privadas ou en institucións asistenciais, como fabricante de produtos sanitarios dentais á medida en laboratorios de prótese dental, como traballador autónomo ou por conta allea, e en empresas da industria dental, como fábricas provedoras de materiais e maquinaria, ou en depósitos dentais, participando nas actividades de formación específicas da empresa. Tamén pode desenvolver a súa actividade no campo da investigación tecnolóxica dentro de empresas do sector dental en a instrución na industria dental impartindo cursos básicos ou avanzados sobre novos materiais e novas técnicas. A súa actividade está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.

Que ocupacións se desempeñan?

Técnico/a superior en próteses dentais, técnico/a especialista en próteses dentais,responsable técnico/a dun laboratorio de prótese dental, comercial na industria dental ou depósitos dentais, responsable técnico/a en departamentos de investigación e desenvolvemento de produtos na industria dental.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Aparellos de ortodoncia e férulas oclusais 266
Deseño funcional de próteses 133
Formación e orientación laboral 107
Laboratorio de próteses dentais 80
Próteses completas 187
Restauracións e estruturas metálicas en prótese fixa 187
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación en centros de traballo 384
Próteses parciais removibles metálicas, de resina e mixtas 210
Próteses sobre implantes 157
Proxecto de próteses dentais 26
Restauracións e recubrimentos estéticos 210