Xoves 22 de febreiro primeira etapa da carrera ciclista profesional O GRAN CAMIÑO 2024

O vindeiro xoves  22 de febreiro terá lugar na cidade a primeira etapa da carrera ciclista profesional O GRAN CAMIÑO 2024 unha contrarreloxo individual de 15 kilómetros con saída e chegada na Torre de Hércules.

A proba afectará á circulación de vehículos e peóns, ao aparcamento e aos accesos a determinados barrios. Toda a información está disponible na páxina web municipal e no teléfono 010.

As restricións de tráfico comezarán ás 11:00, pero será a partir das 13:00 h e ata que finalice a proba (a partir das 17:15 h, progresivamente segundo o barrio) cando se producirán os maiores cortes.