Vén de publicarse a convocatoria no DOG para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.
O prazo para presentar as solicitudes de inscrición, así como o pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame remata o venres 5 de abril.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente poderán presentarse de forma presencial a través dos rexistros autorizados.
As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para cada nivel e localidade publicarase no Portal da Lingua Galega.