Programa formativo "Muller, a Cooperativa é para Ti"

Continúa aberta a inscrición ás actividades de teleformación. O próximo curso inicia o 25 abril.

A UNIÓN DE COOPERATIVAS  ESPAZOCOOP impulsa o programa formativo “Muller, A Cooperativa é para Ti”, consta de tres cursos de 
TELEFORMACIÓN, GRATUÍTOS, para mulleres, que se imparten na Aula Virtual de EspazoCoop.

O primero dos cursos do programa xa deu inicio, pero aínda hai prazas dispoñibles para os seguintes:

  • HABILIDADES E COMPETENCIAS PARA O TRABALLO EN EQUIPO NAS COOPERATIVAS:  25 h. | Teleformación | Do 25 de abril ao 12 de abril de 2024
  • DESENVOLVENDO A IDEA COOPERATIVA: 25 h. | Teleformación | Do 13 ao 29 de maio de 2024

A fórmula cooperativa é unha eficaz ferramenta para  conseguir a integración e a igualdade no mundo laboral para as mulleres, en 
condicións dignas e estables, e con amplas posibilidades de desenvolvemento profesional.

Son empresas de base democrática, asemblearia, e participativa, na que se poden dar xeitos para a conciliación persoal, e exercer a 
cogobernanza xunto a máis persoas e socias.

O programa “Muller, A Cooperativa é para Ti”, é un itinerario formativo que se pode realizar por completo, 3 cursos (adquirindo un 
total de 75 horas en materia cooperativa), ou ben pódese realizar o curso que se desexe, aínda que o ideal e a recomendación sería 
realizalos todos pola orde proposta na relación dos cursos.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
Na web de EspazoCoop está a dispór a información de cada un dos cursos, así como o acceso ao formulario de INSCRICIÓN