Resumo das actividades realizadas no World Food Day 2019
O 16 de outubro celébrase o World Food Day (Día Mundial da Alimentación)
Dentro do proxecto PHIL realizaranse no centro as seguintes actividades:
Recreo da mañá do mércores 16:
– Exposición de materiais sobre alimentación saudable por parte da biblioteca.
– Recetario de cociña de aproveitamento, alumnado de Integración Social.
– Poster e trípticos sobre a desigualdade na distribución dos alimentos no mundo, inglés/galego (Integración Social). – Xogo de preguntas inglés/galego. Alumnado de 2º de Saúde Ambiental.
Ademais:
– 14.30h do mércores na aula ximnasio: acividade transnacional con todos os membros do proxecto PHIL
Recreo da tarde do mércores:
– Deixanse as mesmas exposicións.
Recreos do xoves:
– Cata de froitas preparada por alumnado de Dietética (en horario da mañá), e polo alumnado de Atención a persoas en situación de dependencia, no horario de tarde.
Grazas a todo o alumnado e profesorado que colaboran na actividade!!!
Deixamos o recetario creado polo alumnado e profesorado do CS de Integración Social: Receitario de aproveitamento