FAMILIA SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE

CS PROMOCIÓN DE IGUALDADE DE XÉNERO

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Servizos socioculturais e á comunidade.
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior.
Horas: 2000
Código: SSSC05
Título: Técnico superior en Promoción de igualdade de xénero.

TIPO DE OFERTA - MODALIDADE

Modular parcial - semipresencial/distancia: Cursando módulos seleccionados polo alumnado a distancia. Titorías e exámenes en horario de tarde (De 16:00 a 22:30h)​

Que se aprende a facer?

Programar, desenvolver e avaliar intervencións relacionadas coa promoción da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, aplicando estratexias e técnicas do ámbito da intervención social, detectando situacións de risco de discriminación por razón de sexo e potenciando a participación social das mulleres.

En que ámbitos se traballa?

No ámbito público e privado, no sector da prestación de servizos de igualdade de xénero, en diferentes institucións e entidades que prestan servizos de carácter económico e comunitario orientados á igualdade efectiva de mulleres e homes: asociacións, fundacións, institucións, sindicatos, empresas, consultoras, servizos municipais, organismos de igualdade, centros comunitarios, etc.

Que ocupacións se desempeñan?

Promotor/ora de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, promotor/ora para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e técnico/a de apoio en materia de igualdade efectiva de mulleres e homes.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos de 1º curso

Horas

Ámbitos de intervención para a promoción de igualdade

213

Desenvolvemento comunitario

107

Formación e orientación laboral

107

Información e comunicación con perspectiva de xéner

107

Metodoloxía da intervención social

133

Promoción do emprego feminino

213

Módulos de 2º curso

Horas

Empresa e iniciativa emprendedora

53

Formación en centros de traballo

384

Habilidades sociais

123

Intervención socioeducativa para a igualdade

105

Participación social das mulleres

105

Prevención da violencia de xénero

191

Primeiros auxilios

53

Proxecto de promoción de igualdade de xénero

26