A USC PUBLICA EN LIÑA UN VOCABULARIO CON TERMOS ESENCIAIS SOBRE VACINAS.

A listaxe permite acceder a 125 rexistros de bUSCatermos que describen conceptos relacionados co ámbito das vacinas, as súas tipoloxías e campañas de inmunización. Para cada un dos rexistros preséntase a área temática á que pertence e os nomes polos que é coñecido en galego, español e inglés. Na maior parte dos casos, tamén a súa definición en galego. Toda a información en https://www.usc.gal/gl/servizos/snl/terminoloxia/te-vacinas.html