FAMILIA SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE

CS EDUCACIÓN INFANTIL

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Servizos socioculturais e á comunidade.
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior.
Horas: 2000
Código: S2002
Título: Técnico superior en educación infantil.

TIPO DE OFERTA - MODALIDADE​

Ordinaria - presencial: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de mañá (de 8:30h a 15:00h) ou tarde (de 16:00h a 22:30h)
Modular completa - semipresencial/distancia : Cursando módulos seleccionados polo alumnado a distancia. Titorías e exámenes en horario de tarde (De 16:00 a 22:30h)

infantil_banner_2

Que se aprende a facer?

Deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil no ámbito formal, consonte a proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra coa especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.

En que ámbitos se traballa?

No sector da educación formal e non formal e no sector dos servizos sociais de atención á infancia.

Que ocupacións se desempeñan?

Educador ou educadora infantil en primeiro ciclo de educación infantil, sempre baixo a supervisión dun mestre ou dunha mestra, en institucións públicas e privadas. Educador ou educadora en institucións ou en programas específicos de traballo con menores (de cero a seis anos) en situación de risco social, ou en medios de apoio familiar, seguindo as directrices doutros profesionais. Educador ou educadora en programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con menores de cero a seis anos: ludotecas, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de lecer, granxas escola, etc.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos de 1º curso
Horas
Desenvolvemento cognitivo e motor213
Didáctica da educación infantil240
Expresión e comunicación213
Formación e orientación laboral107
O xogo infantil e a súa metodoloxía187
Módulos de 2º curso
Horas
Autonomía persoal e saúde infantil155
Desenvolvemento socioafectivo123
Empresa e inicitaiva emprendedora53
Formación en centros de traballo384
Habilidades sociais123
Intervención con familias e atención a menores en risco social123
Primeiros auxilios53
Proxecto de atención á infancia26