SANIDADE

CS ANATOMÍA PATOLÓXICA E CITODIAGNÓSTICO

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Sanidade.
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior.
Horas: 2000
Código: SSAN06
Título: Técnico superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico.

TIPO DE OFERTA - MODALIDADE

Ordinaria - presencial: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h )

anatomia_banner_2

Que se aprende a facer?

Procesar mostras histolóxicas e citolóxicas, seleccionar e facer a aproximación diagnóstica de citoloxías xinecolóxicas e xerais, e colaborar na realización de necropsias clínicas e forenses, de maneira que sirvan como soporte ao diagnóstico clínico ou médico-legal, organizando e programando o traballo, e cumprindo criterios de calidade do servizo e de optimización de recursos, baixo a supervisión facultativa correspondente.

En que ámbitos se traballa?

No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros de investigación. Ademais, realizan o seu traballo baixo a supervisión do/da facultativo/a correspondente.

Que ocupacións se desempeñan?

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía. Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía. Citotécnico. Axudante de forense. Prosector/ora de autopsias clínicas e médico-legais. Tanatopractor/a. Colaborador/ora e asistente en bioloxía molecular. Colaborador/ora e asistente de investigación.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos de 1º curso
Horas
Bioloxía molecular e citoxenética187
Fisiopatoloxía xeral213
Formación e orientación laboral107

Técnicas xerais de laboratorio

240

Xestión de mostras biolóxicas213
Módulos de 2º curso
Horas
Citoloxía xeral157

Citoloxía xinecolóxica

157

Empresa e iniciativa emprendedora

53

Formación en centros de traballo384
Necropsias70
Procesamento citolóxico e tisular193
Proxecto de anatomía patolóxica e citodiagnóstico26