BO VERÁN!

Moi feliz verán para todas as persoas da comunidade educativa do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto: Alumnado, profesorado e persoal non docente.Apertas do EDLG!

Coñecedes a Revista Luzes?

Sempre hai boas desculpas para achegarse á web da Revista Luzes e gozar dos contidos dunha publicación nada no 2013 da man de Manolo Rivas e Xosé Manuel Pereiro.Tamén pode consultarse na biblioteca do noso centro!

ASOCIACIÓN PUNTOGAL

A ASOCIACIÓN PUNTOGAL PON A DISPOSICIÓN DA CIDADANÍA 17 GUÍAS PARA USAR A REDE E AS PRINCIPAIS FERRAMENTAS OFIMÁTICAS EN GALEGO. Co gallo da celebración o 17 de maio do Día das Letras Galegas e o Día de Internet, a Asociación PuntoGal publicou unha serie de 17 guías para usar a rede e as principais […]

Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago – Expresións populares

A Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago publica imaxes de expresións populares en galego coa súa equivalencia técnica. No marco da campaña “Entendo, logo diagnostico. Técnico&popular”, publicouse unha serie de dezaoito imaxes nas que se recollen expresións populares en galego sobre síntomas e doenzas cos seus respectivos termos técnicos.A iniciativa está dirixida a profesionais […]

agora.gal

NACE agora.gal, UN PROXECTO DE CONTIDOS DIXITAIS EN GALEGO Agora.gal é un espazo no que iniciares a navegación diaria en Internet. Ofrece unha porta aberta a todo un universo de contidos, que chegan dende os blogues e medios asociados. Pódese consultar o tempo ou os datos da COVID, escoitar música, botar un ollo aos youtubeiros/as e poñer […]

USO INCLUSIVO E NON DISCRIMINATORIO DA LINGUA

APLICACIÓNS PARA O USO INCLUSIVO E NON DISCRIMINATORIO DA LINGUA. Xanela Inclusiva e Ventana Inclusiva son unhas aplicacións correctoras de estilo para un uso inclusivo e non discriminatorio da lingua galega e castelá.Os correctores detectan o emprego de linguaxe sexista e discriminatoria reformulando e ofrecendo termos non sexistas e inclusivos.Dende aquí o noso agradecemento ás profesionais […]

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

As nosas letras estiveron moi presentes estes días no CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, achegándose á comunidade educativa en forma de chapas coas palabras galegas que nos namoran. Ademais, en colaboración coa biblioteca do centro, tamén puidemos agasallar con libros de literatura galega que tiveron unha estupenda acollida. 

LETRAS GALEGAS 2021

XELA ARIAS foi unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea e sobresaíu tamén como editora e tradutora.A través da exposición Asinamos ser libres podemos coñecer a súa infancia e adolescencia rebelde, os primeiros textos poéticos, a conexión da súa poesía coa cultura e a sociedade do seu tempo e o seu labor como tradutora. Tamén achegármonos á […]

TEATRO NO CIFP ANXEL CASAL – MONTE ALTO

VOLVE O TEATRO AO NOSO CIFP!! Con capacidade limitada e grupos reducidos desfrutaremos do discurshow Habito Terra, unha ludoconferencia na que revisaremos os nosos comportamentos colectivos e o seu impacto sobre a vida no planeta.Ciencia e Arte Dramática únense para transmitir coñecemento de xeito atractivo, divertido e con rigor.Esta actividade é froito da colaboración entre o […]