O DICCIONARIO DA RAG

A REAL ACADEMIA GALEGA RENOVA O SEU DICIONARIO EN LIÑA. A nova imaxe da web da RAG fai máis sinxelo e intuitivo o acceso aos diferentes recursos e mellora as funcionalidades do seu dicionario en liña.A ferramenta distingue máis de 30 categorías desde adverbios, adxectivos ata conxuncións e verbos, que se poden combinar co resto de opcións […]

PROXECTAS EN GALEGO?

PROXECTAS EN GALEGO? Convocatoria aberta! Vas redactar e defender o teu Proxecto en lingua galega? Se é así, cando aprobes o módulo, soamente tes que enviar un correo electrónico para conseguir a entrada a un CIRCUÍTO TERMAL. Consulta aquí as bases da convocatoria: bases.

A INICIATIVA XABARÍN CHEGA AO PARLAMENTO

A Mesa pola Normalización Lingüística conseguiu máis de 33.000 sinaturas de apoio para instar ao Goberno a aumentar a oferta televisiva en galego destinada á infancia e á mocidade a través dunha canle dedicada ao Xabarín.

CARVALHO, LINGUA E TERRA

Coincidindo coa data do seu pasamento, o día 25 de marzo, unímonos á xornada de recordo da vida e obra de Carvalho Calero promovida pola Federación Galiza Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña.Na seguinte ligazón pódese acceder ao libro-banda deseñada de Pepe Carreiro titulado “Amigo Carvalho. Do Halley ao Hubble”Desfrutádeo!

USC: VACINAS EN GALEGO

A USC PUBLICA EN LIÑA UN VOCABULARIO CON TERMOS ESENCIAIS SOBRE VACINAS. A listaxe permite acceder a 125 rexistros de bUSCatermos que describen conceptos relacionados co ámbito das vacinas, as súas tipoloxías e campañas de inmunización. Para cada un dos rexistros preséntase a área temática á que pertence e os nomes polos que é coñecido en galego, […]

ACTOS DE LIBERDADE

“O meu compromiso comigo está en escribir desde min. E eu son muller, miope e galega”.”…sendo muller aínda é ben difícil… vivir nas nubes” Xela Arias. Encontro de escritores galegos e portugueses: muller e literatura.Santiago de Compostela. 1991.

LINGUA DE NAMORAR

“LINGUA DE NAMORAR”, concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega. O certame de declaracións de amor en galego na rede está dirixido á mocidade e chega á súa décima edición con novidades baixo o lema #NamorarEnPandemia, incorporando así unha nova categoría de premio exclusiva de Instagram (IG). Para participar nesta categoría cómpre ser seguidor/a […]

Conversas en inglés

Durante este curso, no recreo dos xoves, realizáronse conversas en inglés dentro do programa PHIL. Imaxes da actividade

Global Muinheira

O alumnado do centro realizou unha actividade cultural dentro  do proxecto internacional KA2 PHIL: unha muiñeira global.