Programa formativo emprendemento e transformación dixital no comercio.

Achégovos información (programa e calendario) do programa formativo sobre EMPRENDEMENTO E TRANSFORMACIÓN DIXITAL NO COMERCIO que a Fundación INCYDE xunto coa Cámara de Comercio da Coruña e a Xunta de Galicia poñen en marcha o próximo 21 de outubro na Coruña. Trátase dun programa totalmente gratuíto de 6 semanas de duración que combina sesións conxuntas […]

Programa Inicia

A Concellaría de Innovación, Industria, Emprego e Consumo do Concello da Coruña, organiza unha nova edición do Programa INICIA no curso escolar 2019-2020. INICIA é un programa municipal que persegue a difusión e implantación do espírito emprendedor empresarial entre o alumnado de Ciclos de Formación Profesional e Ensinos Especiais radicados na nosa cidade que, previamente, manifesten […]

Benvida ao curso 2019-2020

Xa chegou o novo curso 2019/2020 e con él a Coordinación de Emprendemento do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, que dende o seu blog segue a fomentar o emprendemento entre o noso alumnado e promocionar a cultura emprendedora, por eso, seguiremos informando de todos aqueles aspectos que vos animen a convertiros en emprendedores e dar o paso […]

Rosalía de Castro, a nosa estrela

A Unión Astronómica Internacional para celebrar o seu centenario organizou unha campaña mundial permitindo que cada país do mundo puxera nome a unha estrela cun exoplaneta asociado. Por iso dende decembro de 2019 hai unha estrela chamada “Rosalía de Castro” e un planeta que orbita ao seu redor que leva por nome “Río Sar”. Todo o noso agradecemento […]

Estrela Rosalía de Castro

Dende o pasado 17 de decembro hai unha estrela no ceo chamada “Rosalía de Castro”. E por iso charlaremos o vindeiro luns con Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, para saber como, cando e onde poderemos ver a estrela Rosalía de Castro.

Que palabra te namora en galego?

Axúdasnos a elixir as verbas deste curso? Até o venres 31 de xaneiro a comunidade educativa do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto poderá votar para seleccionar as palabras que lle namoran da lingua galega. Animádevos a participar!!

PROXECTAS EN GALEGO?

Bases da mención aos Proxectos en galego 2019-2020. Redactaches e defendiches o teu Proxecto en lingua galega? Entón podes obter unha MENCIÓN e acadar un PREMIO ESPECIAL: a entrada para desfrutar dun CIRCUÍTO TERMAL. Agardamos a túa documentación!! (Excepcionalmente para os Proxectos presentados no primeiro trimestre do curso 2019-2020 non se terán en conta os […]

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no procedemento de acreditación de competencias

Publicadas as listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais. Nas seguintes ligazóns atopará as listaxes de solicitantes que non precisan emendar a documentación e as listaxes de solicitantes que precisan emendar a documentación: Listaxes solicitantes que non precisan enmedar documentación Listaxes solicitantes que precisan enmendar documentación