World Food Day 2021

Imaxes da celebración do World Food Day no centro e código QR, para que podades disfrutar das receitas elaboradas polo alumnado.

PHIL International Meeting

O próximo 22 de Abril teremos unha sesión internacional vía zoom ás 19:00. Será en inglés e poderá participar todo o alumnado e profesorado das 6 institucións que forman parte do proxecto PHIL. Tratarase o impacto da pandemia nos distintos países. Se estades interesadas/os escribide un email a p.europeos.anxelcasal@gmail.com.

Materiais didácticos premiados do proxecto PHIL

Publícanse os materiais premiados do proxecto PHIL 1º Premio: Take care of your body, you live in it. Presentado por Katia Naya e Sergio Rodríguez.2º Premio: Don´t laminate your future. Presentado por Helena García e Raúl Domínguez. 3º Premio: Sun exposure. Presentado por Micaela Abreu e Stefany Cainedo.   ¡Parabéns a tódolos participantes!

7 Abril 2021 Día Mundial da Saúde

Dende o CIFP Ánxel Casal organizamos un pequeno acto no recreo do Xoves día 8 de Abril.Será ás 11:30 no salón de actos do centro.  Aproveitarase tamén para facer a entrega de premios do concurso do proxecto PHIL.

CONCURSO DE CONTOS VILA DA PONTEDEUME

Tes menos de 20 anos, gústache escribir contos e queres gañar 600 euros? Pois o concurso que convoca o Concello de Pontedeume é para ti! Le as bases e comeza a escribir o teu conto. O prazo de presentación remata o 22 de abril de 2022. 

MINIPREMIO AOS PROXECTOS EN GALEGO

Se redactas o teu Proxecto en galego poderías conseguir unha EXPERIENCIA ou ACTIVIDADE a elixir: masaxe, tapeo, tirolinas, spa, surf,.. Cada quen o que prefira! Consulta aquí as bases da convocatoria e anímate a participar!!

EXPOSICIÓN SOBRE ÁNXEL CASAL

A exposición “Ánxel Casal, 125 anos con Nós” xa está no noso CIFP.Grazas a Celso Alberte Magariños, da Asociación Cultural Ánxel Casal de Arzúa, pola súa presentación e xenerosidade.E grazas á comunidade educativa pola marabillosa acollida.

ÁNXEL CASAL, 125 ANOS CON NÓS

O noso centro acolle esta fermosa mostra sobre a vida e o compromiso de Ánxel Casal.  Poderemos desfrutar dela a partir do luns 21 de marzo na zona cuberta do patio central do exterior do centro. Agradecemos á Asociación Cultural Ánxel Casal de Arzúa e á Federación Galiza Cultura que isto sexa posible.