CONCURSO DE VERSIÓNS DE ENTROIDO

O Equipo de Animación Sociocultural e Turística, a Biblioteca e o Equipo de dinamización da lingua galega agradecemos a participación de todos os grupos no concurso Entroido. Grazas por facernos desfrutar e recordarnos o que é esencial no ensino. Agardamos que desfrutedes moito dos vosos agasallos!!

O DICIONARIO DA CIENCIA

Velaquí 15 novos capítulos do Dicionario da Ciencia, un manual de divulgación científica que pretende normalizar o galego neste eido.Cal é o teu capítulo favorito?

O CALDO DE ROSALÍA SABÍA A GLORIA!

O 23 de febreiro Rosalía percorreu as redes e encheu o país de centos de actividades e iniciativas arredor da autora. Velaquí a imaxe do día no noso centro.

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

A Fundación Rosalía de Castro volve poñer en marcha no aniversario de Rosalía o “Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.O CIFP Ánxel Casal-Monte Alto únese a esta iniciativa. Por iso […]

WORDLE, EN GALEGO!

O xogo en liña, Wordle, converteuse en todo un fenómeno pola súa proposta de adiviñar unha palabra de 5 letras ao día e poder compartir as xogadas a través das redes sociais. Coñecédelo?

Actividades Formativas

Dende a coordinación de emprendemento levamos a cabo unha serie de cursos para espertar a iniciativa emprendedora do alumnado tales como o curso de Marketing Dixital e o de Economía circular.Estas son algunhas das imaxes.

Presentación e horario CUALE 21-22

Presentación e horario CUALE 21-22 Este luns día 4 de outubro de 2021 comezan as clases de inglés para preparar o nivel B1 das escolas de idiomas. Os horarios das clases serán: Grupo mañá: Mércores de 10:30h a 13:00h. Grupo tarde: Luns de 17:00h a 19:00h.   Se tes algúnha dúbida ponte en contacto neste […]

Prazas vacantes réxime ordinario

Prazas vacantes réxime ordinario Listaxe de prazas vacantes do réxime ordinario para ser ocupadas en réxime de persoas adultas. Prazo de matrícula  comprendido entre o 5 e o 8 de outubro (ás 13.00h), por estrita orde de chegada de solicitudes de maneira presencial.