Benvidos/as ao curso 2024-2025

Xa chegou o novo curso 2024/2025 e con él a Coordinación de Emprendemento do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, que dende a web do centro segue a fomentar o emprendemento entre o noso alumnado e promocionar a cultura emprendedora. Así, se vos informará de diferentes actividades como: concursos, charlas, conferencias, mesas redondas, etc. co obxectivo de formar tanto aos docentes como ao alumnado en materia de emprendemento e incentivar e motivar ao alumnado de cara a emprender un proxecto empresarial.

Contamos cun VIVEIRO DE EMPRESAS dotado con espazo e recursos axeitados para levar as xestións necesarias para a posta en marcha da túa iniciativa emprendedora. No viveiro tamén contarás con asesoramento para o teu proxecto.

Poden acceder os alumnos que teñan un proxecto empresarial a desenvolver en Galicia, sempre que estean matriculados no derradeiro curso dun ciclo formativo de formación profesional, os que o remataran nos catro últimos anos, e tamén os que estean a estudar bacharelato.

O procedemento de acceso consiste en:

  • Entrevista inicial co titor do viveiro
  • Elaboración do plan de empresa
  • Se o proxecto se valora como viable, asinarase o Contrato de cesión de espazo no viveiro de empresas do CIFP, para usar en canto sexa posible e de forma gratuíta como sede da empresa. Poderase disfrutar das instalacións do viveiro por un prazo de 2 anos, prorrogable nalgúns casos ata 3 anos.

Para mais información, contactar coa Coordinadora de Emprendemento: Paula Díaz Carballada, a través dos seguintes correos:

viveiro.cifp.anxel.casal@edu.xunta.gal

emprende.pauladiazcarballada@gmail.com

Un saúdo