RETIRAMOS 1380 KG DE ESPECIES INVASORAS!

Retiramos 1380 KG de especies invasoras! Alumnas, alumnos e profesoras de 2º curso do Ciclo Superior de Química e Saúde Ambiental e de 2º curso do Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística participaron na xornada de retirada de especies exóticas invasoras no Espazo Natural de Interese Local (ENIL) da Torre de Hércules.  A actividade […]

Concurso de felicitacións de Aninovo

Concurso de felicitacións de Aninovo Participa cos teus deseños!!  Opta a un 1º premio de 30 € ou a dous accésits de 15 € cada un, todos para trocar por consumicións e/ou produtos na cafetería do centro.    Consulta as bases para participar:???????? Powered By EmbedPress

SUPERPREMIO aos Proxectos en galego

SUPERPREMIO aos Proxectos en galego Redacta o teu Proxecto en galego e gaña un cofre de experiencias valorado en 100 €.  Consulta as bases ???????? Powered By EmbedPress

Retirada de invasoras na contorna da Torre de Hércules

Retirada de invasoras na contorna da Torre de Hércules Alumnado e profesorado do centro participa, guiado polo Grupo Naturalista Hábitat, en tarefas de retirada de especies exóticas invasoras ao pé da Torre de Hércules. Contribuímos así ao proceso de recuperación ambiental da nosa contorna.

FALANDO DE NATUREZA

Falando de natureza Acollemos unha charla do Grupo Naturalista Hábitat, previa a un feixe de andainas e actividades de divulgación ambiental nas que participa a comunidade educativa do noso centro.

PARABÉNS!!

Parabéns!! Velaquí as persoas gañadoras do Minipremio aos Proxectos en galego do último trimestre do curso pasado. Grazas por participar!!Agardamos desfrutedes moito dos vosos agasallos.

DÍA DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL

Día do Patrimonio Cultural Inmaterial A UNESCO proclama o 17 de outubro como Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial, sendo a primeira edición este 2024.  A única entidade acreditada pola UNESCO en Galicia para o Patrimonio Cultural Inmaterial é Ponte… nas ondas!  Coñécela?

Convocadas Probas Celga 2, 3 e 4

Convocadas Probas Celga 2, 3 e 4 A Xunta realizará novas probas Celga para os niveis 2, 3 e 4 na segunda quincena de novembro. O prazo de presentación de solicitudes e pagamento da taxas de exame remata o venres, 4 de outubro de 2024. Toda a información está dispoñible en: O Portal da Lingua […]