Certame de Cooperativismo no Ensino.

O Certame, convocado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, ten por obxetivo impulsar e promover actividades de fomento do cooperativismo.

Poderán presentarse traballos de fomento do cooperativismo en 3 modalidades:
1| Alumnado de infantil e primariaModalidade ACTIVIDADES ARTÍSTICAS, tales como debuxo, pintura, maquetas, fotografía ou vídeos. 4 premios (2.500 € cada un) e 4 accésits (1.500 € cada un).

2| Alumnado de educación secundaria obrigatoria e educación especialModalidade de ACTIVIDADES COOPERATIVIZADAS,  tales como creación de cooperativas escolares, organización de eventos ou festivais, obras de teatro, campionatos deportivos, xornais, páxinas web, programas de radio ou actividades de voluntariado, entre outras.  1 premio ao mellor traballo (2.500 € cada un) e 1 accésit (1.500 € cada un).

3| Alumnado e profesorado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especialModalidade de PROXECTOS EMPRESARIAIS COOPERATIVOS. 1 premio ao mellor proxecto (4.500 € ) e 1 accésit (3.500 €).

Máis información e bases da convocatoria: neste enlace.

prazo de presentación de solicitudes e dos traballos remata o 30 de abril de 2025.