FAMILIA SANIDADE

CM COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Sanidade.
Sistema educativo: LOXSE
Grao: Medio.
Horas: 1400
Código: M19001
Título: Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

TIPO DE OFERTA - MODALIDADE​

Ordinaria - presencial: Todos os módulos se distribúen en catro trimestres en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h)
Modular completa - presencial: Cursando módulos seleccionados polo alumnado en horario de tarde (de 16:00 a 22:30)
Modular - dual intensiva: Programa de formación mixta presencial: no centro educativo en horario de tarde (de 16:00 a 22:30) e nos centros de traballo segundo o horario laboral fixado pola Empresa.

Que se aprende a facer?

Proporcionar coidados auxiliares ao paciente ou cliente e actuar sobre as condicións sanitarias do seu contorno como membro dun equipo de enfermaría nos centros sanitarios de atención especializada e de atención primaria, baixo a dependencia do diplomado de enfermaría e, de ser o caso, como membro dun equipo de saúde na asistencia sanitaria derivada da práctica do exercicio liberal, baixo a supervisión correspondente.

En que ámbitos se traballa?

Organización e xestión da unidade ou consulta, prestación do servizo e educación sanitaria.

Que ocupacións se desempeñan?

Auxiliar de enfermaría ou clínica, de balnearios, de atención primaria e coidados de enfermería a domicilio; auxiliar bucodental, xeriátrico, pediátrico, de esterilización, de unidades especiais e de saúde mental.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos de 1º curso
Horas
Formación e orientación laboral55
Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material160
Horas á disposición do centro55
Operacións administrativas e documentación sanitaria55
Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente130
Relacións no equipo de traballo55
Técnicas básicas de enfermaría320
Técnicas de axuda odontolóxica e estomatolóxica130
Módulos de 2º curso
Horas
Formación en centros de traballo440