Concurso Mocidade ao mando: explorando a Economía e a Empresa

Dende a Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da USC se lanzou este concurso co obxectivo de conectar a universidade coas novas xeracións e atraer o interese do alumnado sobre actividades relacionadas coa Economía e a Empresa.

Por iso, vos animo a participar neste concurso de vídeos sobre Economía e Empresa, Concurso Mocidade ao mando: explorando a Economía e a Empresa.

O prazo para a presentación dos traballos remata o 31 de outubro de 2024.

Tedes toda a información no seguinte enlace:  Mocidade ao mando: explorando a economía e a empresa | Universidade de Santiago de Compostela (usc.gal)

Powered By EmbedPress

Powered By EmbedPress