Convocadas probas para obter os certificados de lingua galega -Celga-

Xa está aberto o prazo para inscribirse nas probas que certifican os niveis de lingua galega -Celga 1, 2, 3 e 4-.

O  venres 28 de marzo remata o prazo para presentar as solicitudes de inscrición, así como o pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame. 

As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente poderán presentarse de forma presencial a través dos rexistros autorizados. 

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio de 2025.

Toda a información está ao voso dispor no Portal da Lingua Galega.