Educador ou educadora infantil en primeiro ciclo de educación infantil, sempre baixo a supervisión dun mestre ou dunha mestra, en institucións públicas e privadas. Educador ou educadora en institucións ou en programas específicos de traballo con menores (de cero a seis anos) en situación de risco social, ou en medios de apoio familiar, seguindo as directrices doutros profesionais. Educador ou educadora en programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con menores de cero a seis anos: ludotecas, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de lecer, granxas escola, etc.