FP INNOVA 2024

Este curso o viveiro de empresas do noso CIFP estivo presente na edición de FP INNOVA 2024 a través da nosa viveirista e alumna de 2º do CS de Mediación Comunicativa, Cristina Besteiro Vázquez.

 

O seu proxecto consiste en crear un Gabinete de Mediación Comunicativa para atender a persoas con diversos trastornos de comunicación, como hipoacusia, ceguera, xordoceguera, trastornos del espectro autista (TEA), ictus, ELA, Alzheimer, etc.

 

O stand foi visitado por moitas persoas, tanto docentes, estudantes, orientadores como visitantes que se sentían intrigados por saber qué era aquelo e en qué consistía, xa que nos mostradores expuxéronse diferentes materiais para traballar con nenos como cartas de lingua de signos, pictogramas, alfabeto braille, unha maqueta dunha granxa-escola que foi utilizada cun neno xordocego de 7 anos para que entendese que se ía atopar na súa visita a unha de verdade, e que gustou moitísimo, etc.

 

FP INNOVA é unha plataforma moi importante para dar a coñecer a figura do mediador comunicativo, xa que é un perfil profesional moi necesario hoxe en día, pero que aínda é un gran descoñecido para a maioría da xente.