GAÑAMOS O TERCEIRO PREMIO!!!!!

O grupo de alumnas e alumnos de 2º CS Próteses Dentais participantes no concurso de Ideas emprendedoras do Programa INICIA do concello da Coruña obtiveron o terceiro premio, sendo así o terceiro mellor proxecto dun total de 37 proxectos presentados nesta edición 2024.

O proxecto “G STUDIO” consistía na fabricación de grillz (xoias dentais) adaptados á morfoloxía do usuario e tamén aneis, pulseiras, colgantes, etc.

Deste modo combínase o traballo manual, de artesanía coa derradeira tecnoloxía para obter un produto de calidade que é tendencia.

premio consistiu na cantidade de 600 €, 150 € para cada participante.

O curso pasado o noso CIFP xa obtivera o premio ao centro máis colaborador.

Parabens!!!

FOTO INICIA 24-2º PRD