FAMILIA SANIDADE

CS HIXIENE BUCODENTAL

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Sanidade.
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior.
Horas: 2000
Código: SSAN09
Título: Técnico superior en hixiene bucocental.

TIPO DE OFERTA - MODALIDADE​

Ordinaria - presencial: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h).
Modular completa - presencial: Cursando módulos seleccionados polo alumnado en horario de tarde (de 16:00 a 22:30)

hixiene_banner_2

Que se aprende a facer?

Promover a saúde bucodental das persoas e da comunidade, mediante o de-senvolvemento de actividades preventivas e técnico-asistenciais que inclúen a ex-ploración, a avaliación, a promoción e a realización de técnicas odontolóxicas en colaboración co/coa odontólgo/a o/a médico/a estomatólogo/a. Como membro dun equipo de saúde bucodental realizará a súa actividade profesional con criterios de calidade, seguridade e optimización de recursos.

En que ámbitos se traballa?

No sector sanitario público e no privado, na área de atención sanitaria e promoción da saúde, formando parte de equipos estruturados de saúde bucodental, de equipos de atención primaria, nas unidades de promoción da saúde, e en consultas ou gabinetes dentais privados. Poden integrarse nun equipo de prevención e atención sanitaria, coordinado por un/unha facultativo/a. Desenvolven funcións de organización e xestión na unidade ou no gabinete dental de traballo, prestan servizos asistenciais e preventivos á comunidade e controlan a súa calidade a través de actividades de vixilancia epidemiolóxica e de educación sanitaria. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración competente.

Que ocupacións se desempeñan?

Técnico/a superior en hixiene bucodental. Técnico/a especialista hixienista dental. Hixienista bucodental. Educador/ora en saúde bucodental.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos de 1º curso
Horas

Estudo da cavidade oral

213

Exploración da cavidade oral

134

Fisiopatoloxía xeral

213

Formación e orientación laboral

107

Intervención bucodental213
Recepción e loxística na clínica dental80
Módulos de 2º curso
Horas
Conservadora, periodoncia, cirurxía e implantes175
Educación para a saúde oral105
Formación en centros de traballo384
Empresa e iniciativa emprendedora53
Primeiros auxilios53
Prótese e ortodoncia157
Proxecto de hixiene bucodental26
Epidemioloxía en saúde oral87