Xornada de acollemento e horarios das Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024
Os espazos dispostos para as probas poderán sufrir modificacións. Poderán consultar os definitivos o día da proba no taboleiro de anuncios da entrada ou solicitar a información en conserxería
A xornada de acollemento terá lugar o mércores 5 de xuño ás 12:00 horas, no salón de actos do CIFP Ánxel Casal Monte Alto.
Segundo se establece na Disposición adicional segunda da ORDE do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ” Os centros realizarán a baixa de oficio da matrícula da proba cando unha persoa matriculada non asista inxustificadamente á xornada de acollemento a que se refire o artigo 22.2 ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional”.
HORARIOS
Familia Sanidade
- CM Coidados Auxiliares de enfermaría
- CM Emerxencias sanitarias
- CM Farmacia e parafarmacia
- CS Anatomia Patolóxica e citodiagnóstico
- CS Audioloxía Protésica
- CS Dietética
- CS Documentación e administración sanitarias
- CS Hixiene bucodental
- CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear
- CS Laboratorio clínico e biomédico
- CS Próteses Dental
- CS Radioterapia e Dosimetría