FAMILIA SANIDADE

CS IMAXE PARA O DIAGNÓSTICO E MEDICINA NUCLEAR

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Sanidade.
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior.
Horas: 2000
Código: SSAN07
Título: Técnico superior en Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear.

TIPO DE OFERTA - MODALIDADE​

Ordinaria - presencial: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h)

Modular - dual intensiva​: Programa de formación mixta presencial: no centro educativo en horario de tarde (de 16:00 a 22:30) e nos centros de traballo segundo o horario laboral fixado pola Empresa.

imaxe_banner_2

Que se aprende a facer?

Obter rexistros gráficos, morfolóxicos ou funcionais do corpo humano, con fins diagnósticos ou terapéuticos, a partir da prescrición facultativa, utilizando equipamentos de diagnóstico por imaxe e de medicina nuclear, e asistindo o/a paciente durante a súa estadía na unidade, aplicando protocolos de radioprotección e de garantía de calidade, así como os establecidos na unidade asistencial.

En que ámbitos se traballa?

No sector sanitario público e privado, en unidades de radiodiagnóstico e de medicina nuclear, en centros de investigación e en institutos anatómico-forenses ou de medicina legal, así como en centros veterinarios e de experimentación animal, e delegacións comerciais de produtos hospitalarios, farmacéuticos e técnicos de aplicacións en electromedicina. Realizan o seu traballo baixo a supervisión do/da médico/a especialista correspondente e do/da supervisor/a da instalación, coa correspondente acreditación como operador/a de instalacións radioactivas outorgado polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN)

Que ocupacións se desempeñan?

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico. Técnico/a especialista en radiodiagnóstico. Técnico/a especialista en medicina nuclear. Persoal técnico en equipamentos de radioelectroloxía médica. Persoal técnico en protección radiolóxica. Persoal técnico en radioloxía de investigación e experimentación. Delegado/a comercial de produtos.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos de 1º curso
Horas
Atención ao paciente160
Fundamentos físicos e equipamentos267
Anatomía pola imaxe266
Protección radiolóxica160

Formación e orientación laboral

107

Módulos de 2º curso
Horas
Técnicas de radioloxía simple122
Técnicas de radioloxía especial70
Técnicas de tomografía computadorizada e ecografía105
Técnicas de imaxe por resonancia magnética
Sección bilingüe (Inglés)
105
Técnicas de imaxe en medicina nuclear105
Técnicas de radiofarmacia70
Proxecto de imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear26
Empresa e iniciativa emprendedora53
Formación en centros de traballo384