FAMILIA SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE
Programar, organizar, pór en práctica e avaliar as intervencións de integración social aplicando estratexias e técnicas específicas, promovendo a igualdade de oportunidades, con actitude de respecto cara ás persoas destinatarias e garantindo a creación de ámbitos seguros, tanto para profesionais como para as persoas destinatarias.
No sector dos servizos ás persoas (de tipo asistencial, educativo, de apoio na xestión doméstica e psicosocial) e no de servizos á comunidade (atención psicosocial a colectivos e persoas en desvantaxe social, mediación comunitaria, inserción ocupacional e laboral, promoción de igualdade de oportunidades e defensa dos dereitos das vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e as súas fillas).
Técnico/a de programas de prevención e inserción social; educador/ora de equipos residenciais de diverso tipo; educador/ora de persoas con discapacidade; traballador/ora familiar; educador/ora de educación familiar; auxiliar de tutela; monitor/ora de centros abertos; técnico/a de integración social; especialista de apoio educativo; educador/ora de educación especial; técnico/a educador/a;
técnico/a especialista I (de integración social); técnico/a especialista II (educativo); monitor/ora de persoas con discapacidade; técnico/a de mobilidade básica; técnico/a de inserción ocupacional; mediador/ora ocupacional e/ou laboral; dinamizador/ora ocupacional e/ou laboral; educador/ora de base; mediador/ora comunitario/a; mediador/ora intercultural; mediador/ora veciñal e comunitario/a; preparador/ora laboral; técnico/a de emprego con apoio; técnico/a de acompañamento laboral; monitor/ora de rehabilitación psicosocial.
Módulos de 1º curso |
Horas |
Atención ás unidades de convivencia | 161 |
Contexto da intervención social | 133 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Inserción sociolaboral | 213 |
Metodoloxía da intervención social | 133 |
Promoción da autonomía persoal | 213 |
Módulos de 2º curso |
Horas |
Apoio á intervención educativa | 123 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Habilidades sociais | 123 |
Mediación comunitaria Sección bilingüe (Inglés) | 139 |
Primeiros auxilios | 53 |
Proxecto de integración social | 26 |
Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación | 139 |