Mulleres Colleiteiras

O pasado xoves, 20 de febreiro, tivemos o pracer de recibir no noso centro a tres socias da Cooperativa “Mulleres Colleiteiras” para falarnos da súa empresa, dos seus comezos como emprendedoras, de onde xurdiu a idea e como a levaron a cabo e solucionaron os problemas que foron aparecendo, un deles é a discriminación por ser xitanas ou pertencer a algún grupo en perigo de exclusión social. Unha das súas xerentes, Sofía, contounos de forma clara como é a realidade das mulleres xitanas. Ademáis nos informaron das características das cooperativas de traballo asociado, así como as diferencias con outras formas xurídicas, aínda que elas din: “Somos máis que unha cooperativa de traballadores; estamos comprometidas coa economía circular, o medio ambiente e o futuro das nosas xeracións.”

Na súa empresa, recollen o aceite usado nas cociñas e o aceite das latas de conservas, para iso dispuxeron repartidos por diferentes zonas de A Coruña, Culleredo, Cambre, Arteixo, Oleiros e Cerceda. contenedores onde os cidadáns depositan o aceite en envases de plástico transparentes e elas o transportan ata a súa empresa e o reciclan, o material recollido pasa por varios procesos de limpeza e decantación, e unha vez depurado véndese a unha empresa que o transforma nun biocombustible, o seu uso reduce as emisións de CO2 á atmosfera ata un 70% en comparación cos combustibles convencionais. Para poder levar a cabo ditas actividades son transportistas e xestoras autorizadas para a xestión do aceite vexetal usado e axentes de residuos non perigosos.

O proxecto xurdiu en 2011, cando a ONG Arquitectura sen Fronteiras (ASF) iniciou un programa de inserción social. Mulleres Colleiteiras pretende ir máis aló da inclusión social dos seus participantes no emprego formal. Un dos compromisos do grupo céntrase no desenvolvemento da autonomía a través da formación, as traballadoras imparten e reciben cursos sobre diferentes temáticas como a tecnoloxía e o medio ambiente para desenvolverse profesionalmente. En palabras de Sofía: “al aceite le damos una segunda vida y a las mujeres una segunda oportunidad”.