PÍLULAS FORMATIVAS E SAFARIS EMPRENDEDORES

Ao longo deste curso estanse a celebrar diversos obradoiros de fomento do espírito emprendedor dentro do Programa Aulas de emprendemento.

Diferentes “Píldoras e Safaris” forman e incentivan ao alumnado a través de técnicas de creatividade e dinámicas activas de aprendizaxe. Con diferntes grupos de alumnado pertencente as dúas familias profesionais do noso centro desenvolvéronse “Scape Room” e desta maneira o alumnado pon en práctica habilidades de traballo en equipo, ao tempo que analiza, descobre e potencia as súas habilidades para afrontar retos.

Nestas Píldoras e Safaris tamén ten cabida a fomación para os docentes e deste modo desenvolveuse o curso: “Integración da IA na Ensinanza de Emprendemento: ferramentas Gratuitas para profesores”. Este curso proporciona ao profesorado de Formación Profesional as habilidades e os coñecementos necesarios para aproveitar a IA de manera efectiva na aula e preparar aos estudantes para o mundo empresarial do futuro.