FAMILIA SANIDADE

CS RADIOTERAPIA E DOSIMETRÍA

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Sanidade.
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior.
Horas: 2000
Código: SSAN07
Título: Técnico superior en radioterapia e dosimetría.

TIPO DE OFERTA - MODALIDADE​

Ordinaria - presencial: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de tarde (De 16:00h a 22:30h)

radio_banner2

Que se aprende a facer?

Aplicar tratamentos con radiacións ionizantes baixo prescrición médica, utilizar equipamentos provistos de fontes encapsuladas ou produtores de radiacións, aplicando as normas de radioprotección xerais e específicas, e asistindo o/a paciente durante a súa estadía na unidade, así como realizar procedementos de protección radiolóxica hospitalaria, seguindo normas de garantía de calidade e os protocolos establecidos na unidade asistencial.

En que ámbitos se traballa?

No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en unidades de oncoloxía radioterápica, en unidades ou servizos de radiofísica hospitalaria, en unidades técnicas de protección radiolóxica e en centros de investigación.
Realizan o seu traballo baixo a supervisión do/da facultativo/a correspondente e o/a supervisor/ora da instalación, coa conseguinte acreditación como operador/ora de instalacións radioactivas outorgada polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN).
A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sa-nitaria estatal.

Que ocupacións se desempeñan?

Técnico/a superior en radioterapia. Técnico/a especialista en radioterapia. Persoal auxiliar dos servizos de protección radiolóxica. Delegado/a comercial de equipamentos de radioelectroloxía médica.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos de 1º curso
Horas
Anatomía pola imaxe266
Atención ao/á paciente160
Formación e orientación laboral107
Fundamentos físicos e equipamentos267
Protección radiolóxica160
Módulos de 2º curso
Horas
Formación en centros de traballo384
Dosimetría física e clínica140
Empresa e iniciativa emprendedora53
Proxecto de radioterapia e dosimetría26
Simulación do tratamento105
Tratamentos con braquiterapia123
Tratamentos con teleterapia209