VERSO E ACORDE

Un percorrido musical da man de Alberto Pombo (un dos creadores do Proxecto “Aquí tamén se fala”), no que abordará estas e outras interrogantes: 
 
Por que a finais dos 70 o folk foi recoñecido como música celta? Onde se sitúan as orixes do pop galego? Que papel xogaron as orquestras que tocan no campo da festa? Como se conformaron o rock, o punk, o bravú ou o heavy metal de base literaria? Como naceu a música infantil galega? 
 
A non perder!